A empresa rosaleira e o club oficializan a renovación de patrocinio.
Cando se cumpren dez anos do inicio da relación entre a empresa de depósitos e a entidade, coincidindo co medio século do nacemento da Sociedade Atlético Novás, ambas partes confirmaron que a corporación que rexenta Jorge Santos será o sustento principal da S.D. Atlético Novás, que por terceiro ano consecutivo recibirá o nome comercial de Valinox Novás.
Valinox, foi compañeiro dende o primeiro momento no que a actual xunta xestora tomou riendas do club, escalando peldaños ata ser copatrocinador –xunto ao histórico sponsor Acanor– nas campañas 2020/21 e 2021/22, ate ser o patrocinador único durante os dous últimos cursos.
Baixo o seu paraugas, o club rosaleiro viviu os seus mellores anos deportivos, rozando o ascenso a liga ASOBAL, e batendo records de afluencia os encontros así como de licenzas en base.
O seu apoio non se limita a forza que aporta Valinox directamente, se non a participación na captación de empresas que foron incrementando o texido empresarial do colectivo.
Para a directiva, ‘era importantísimo poder confirmar esta nova. Da estabilidade e tranquilidade ao proxecto, e coidamos que tanto Jorge como Valinox merecían ser parte vital neste ano tan especial’.
Tal e a admiración cara aos actuáis patrocinadores, que a figura de Jorge será recoñecida no Hall Of Fame que presentará o día 31, xunto a outras 49 persoas e asociación recoñecidas por un xurado como claves na historia da S.D. Atlético Novás.
Será o último sábado de Agosto, tras disputarse o XXVI Trofeo Concello do Rosal. Nesa data, darase pistoletazo de saída aos actos do 50 Aniversario. O club presentará primeiramente ao plantel da 24/25 e a continuación sairá a luz o novo escudo, equipación e himno, elaborado polo grupo Querido, comandado por Andrés Ferreiro, fillo dun dos artistas do panorama galego e nacional máis recoñecidos, Iván Ferreiro, nunha velada que se prorrogará ata altas horas da madrugada.
Cuatro anos da presentación como patrocinador principal.
Este 1 de Agosto celebranse cuatro anos do anuncio de Valinox como copatrocinador. Baixo o lema #ORebautismo o club viña xerando unha expectación que se desvelaba na adega Quinta de Couselo. Nunha mañán de sábado, diferentes personalidades arroupaban a Jorge Santos, xerente e representante do fabricante de depósitos no anuncio como copatrocinador. Comenzaba así unha nova era sen data de caducidade.