O equipo, liderado por César Armán, chegou a Guadalaxara hoxe ás 8:30 da mañá para disputar un importante encontro contra o líder da categoría, BM Guadalajara no Polideportivo David Santamaría ás 19h. Tras unha xornada de viaxe que iniciou onte ás 23:00h desde a Praza do Calvario, o equipo xa se atopa concentrado e listo para a acción.

Na previa ao partido, o equipo programou unha sesión de vídeo no hotel ás 12h para analizar estratexias e fortalezas. Os árbitros designados para este partido son Jose Albero Romero Cruz e Enrique Javier Romero Cruz.

Ambos os equipos chegan a este enfrontamento despois de sufrir derrotas axustadas no último partido. Guadalajara caeu ante Unión Financeira por 29-28, mentres que Valinox Novás perdeu contra Dólmenes Antequera por 25-26.

Destacamos a actuación de Diego Pérez, novo xogador procedente de UB Lavadores, quen está tendo un papel importante no equipo no seu primeiro ano na categoría. Pérez resalta a importancia da concentración, a confianza e o aspecto emocional para minimizar erros non forzados, así como a relevancia dunha sólida defensa para aproveitar as oportunidades de contraataque.

En canto aos máximos goleadores, por parte do BM Guadalajara destacan Francisco Andrés Lombardi con 115 goles en 26 partidos e Fabio Rocha Chiuffa con 98 goles en 20 partidos. Mentres que por parte de Valinox Novás, os líderes son Pedro Iglesias Aymerich con 81 goles en 25 partidos e Oriol Teixidor Vilanova con 79 goles en 26 partidos.

Non te perdas este emocionante enfrontamento! Segue o partido en directo a través da Canle de Youtube de BM Guadalajara.