O Valinox Novás prepárase para un enfrontamento de alta voltaxe este sábado 27 de abril ás 19:00 horas no Pavillón Municipal O Rosal, onde se medirá ao Unión Financeira nun partido crucial para ambos os equipos.

César Armán, adestrador do Valinox Novás, describe ao Unión Financeira como “un equipo cunha filosofía de xogo moi marcada, que crece a partir dunha rochosa defensa, unha 6:0 moi contundente e un ataque con xogadores moi variables”. Armán destaca a importancia deste partido para o seu equipo, sinalando que a clave pasa por “volver ser fortes en casa, ser fiables e ter outra vez unha grandísima tarde de balonmán no Rosal que xunto coa afección podamos conseguir o obxectivo”.

A Unión Financeira chega O Rosal na decimoprimera posición con 23 puntos, mentres que o Valinox Novás sitúase xusto detrás con 21 puntos, a tan só 2 puntos de diferenza. Ambos os equipos veñen de obter resultados similares a pasada fin de semana, o que promete un enfrontamento rifado no Municipal. Unión financeira perdeu contra IDE Energy Caserio de Ciudad Real por 29 – 26 e o Valinox Novás fronte ao líder obtendo o mesmo resultado (29-26).

Os máximos goleadores do Unión Financeira son Manuel Barrios Lores con 107 goles en 27 partidos e Raúl Blanco Fernández con 84 goles en 27 partidos. Por parte do Valinox Novás, os máximos goleadores son Oriol Teixidor Vilanova con 89 goles en 27 partidos e Pedro Iglesias Aymerich con 81 goles en 26 partidos.

Consciente da importancia deste partido, o club preparou a fin de semana ao detalle. Os xogadores concentraranse no Hotel El Molino para realizar unha última dinámica de equipo, mentres que a afección poderá desfruta de comida e cea de Chacopo na praza do Calvario grazas á Cafetería Nenza Xida e Gastrobar Daordaria. A previa comezará ás 17:00 horas nos arredores do Pavillón con música a cargo do DJ Romeu e cócteles do Único, que presentará un cóctel especial para o encontro chamado Valinox Novás. A festa do balonmán continuará despois do partido con música.

Convídase a todos os seguidores do balonmán para asistir e apoiar ao Valinox Novás nesta batalla que promete ser todo corazón. O club rebajo súa taquilla a 6€ la entrada Xeral para (menores de 17 anos) e cada socio pode retirar ata dúas entradas a 3€ cada unha.

Merca túa entrada facendo click no enlace

Este partido sacámolo como sexa, xuntos!