O operador de internet, fixo e movil galego trae un importante beneficio para club e socios.
Este venres, o operador nado no Baixo Miño, Fibralar by 7, e o club, representado por Andrés Senra, veñen de pechar un acordo polo cal esta empresa galega de telecomunicacións convertirase nun novo apoio para o club e asumirá o coste dos abonos para as renovacións e novas altas que contraten unha tarifa de fibra e móvil con Fibralar by 7.
Un acordo ‘cheo de vantaxes para ambas partes -club e socios- e na que valoramos enormemente a aposta de esta empresa xove e que se fixou en nos para o seu plan de expansión’, sinalaba Senra, que considera ‘que é unha gran oportunidade para os socios. É un servizo do que dispoñemos en todolos fogares polo cal non supón ningún esforzo tramitar a alta e beneficarse do acordo. Nos trataremos de darlle a maior difusión para, ademáis de premiar aos actuais abonados, consigamos aumentar a masa social e devolver a aposta de Rafael e o seu equipo’.
As condicións serán presentadas xunto a campaña de socios, que ‘verá a luz na primeira quincena de agosto’ e sobre a cal o club decidiu realizar unha subida nas cuotas ‘xa que os gastos cada vez son maiores e este ano disfrutaremos de dous encontros máis como locais’.
Unhas tarifas que Rafael Fernández, xerente de Fibralar by 7 considera ‘das máis competitivas do mercado e ofrecendo un gran servizo e atención’ e que mira no Valinox Novás un ‘lugar ideal para crecer e o Valinox un club con moito potencial. Teñen moita tradicion e unha incrible masa social’.
Dende logo unha boa nova previa ao inicio da pretempada, que será o 3 de Agosto.