Seguindo coa campaña de socios “Ponlle voz a esta banda” o Valinox Novás presenta o XXV Trofeo do Rosal convertido nunha festa. Celebremos xunto o Trofeo Concello do Rosal, un emocionante evento deportivo, unha gran noite de Guateque! 🤾🏽🎉

Esta mañá tuvo lugar no Concello do Rosal a Presentación do Trofeo Concello O Rosal e o Guateque, dous eventos conxuntos que reúnen deporte, entretemento e gastronomía nun emocionante día de celebración. Estiveron presentes na presentación a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, o concelleiro de Deportes, Jose Carlos e por parte do Valinox Novás o presidente, Andrés Senra, un membro da directiva, Rogelio Diego e o Director Deportivo, César Armán. O día elixido para esta festa é o 2 de setembro. A partir das 18:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal o Trofeo Concello o Rosal e a partir das 21:00h na Praza do Calvario iniciara o Guateque.

O Trofeo Concello O Rosal comenzará co partido de balonmán entre dous equipos de renome: Valinox Novás e Frigoríficos Cangas. Os afeccionados e entusiastas do deporte poderán gozar dun enfrontamento cheo de emoción e enerxía. Un encontro único a tan só unha semana do inicio da liga División de Honra Prata Masculina. Despoís desde partido será o turno dos amigos de Javi Díaz Vs os amigos de Víctor Armán.

Pero a diversión non se deterá aí. Tras o partido, o ambiente festivo trasladarase á Praza do Calvario, onde terá lugar o Guateque do Valinox Novás. Os asistentes poderán deleitarse cunha variada selección de opcións gastronómicas ofrecidas por foodtrucks de Queimada, así como experimentar a creatividade e o sabor único da coctelería a cargo de Único.

A velada continuará cun toque musical excepcional. Ás 22:00 horas, o escenario iluminarase coa presenza do Grupo de música Nacional 81, disposto a cativar a todos coa súa música en vivo. As súas vibrantes interpretacións prometen mergullar ao público nun ambiente festivo e contaxioso.

E para aqueles que desexan manter a enerxía durante toda a noite, a partir das 00:00 horas darase inicio á apaixonante noite de DJs. Os DJs Anxo Silva e Adrián Mesu poñerán o ritmo e crearán unha atmosfera electrificante que manterá a todos movéndose ata altas horas da madrugada.

O Trofeo Concello O Rosal é máis que un evento deportivo, é unha ocasión para unir á comunidade en torno ao espírito do deporte e música. Esperámolos o 2 de setembro ás 18:00 horas primeiro no Pavillón Municipal e a partir das 21:00h. na Praza do Calvario para celebrar xuntos esta emocionante xornada!