O momento que toda a afección estaba agardando chegou. Esta fin de semana dá inicio a emocionante tempada da Liga de División de Honra Prata, e o Valinox Novás prepárase para o seu agardado debut na casa. O encontro celebrarase o sábado 14 de setembro ás 20:00 horas, no pavillón municipal do Rosal, onde o equipo se enfrontará ao Fertiberia Puerto Sagunto, un conxunto recentemente descendido da Liga Plenitude Asobal. Os árbitros designados para dirixir o partido serán Cristian Da Silva Barbadaes e Trotomas Luis García Álvarez , pertencentes á delegación de Castela e León.
O Valinox Novás chega nun excelente estado físico tras unha pretempada exitosa na que se proclamou campión da Supercopa de Galicia, derrotando ao Frigoríficos do Morrazo BM Cangas, equipo da Liga Asobal. Agora, o equipo de César Armán afronta un novo reto ante un Fertiberia Puerto Sagunto que renovou o seu cadro con 10 fichaxes baixo a dirección de Antonio Malla. Entre as súas incorporacións destaca Dusan Trifkovic, ben coñecido no Rosal, xunto a xogadores como Antonio Capitán, Arnau Fernández, Gonzalo Pérez, Joaquín Barceló, Matheus Lennon de Novais, Sergio Torio, Seke Gallart, Mario Rodríguez e Ximo Lora.
Pola súa parte, o Valinox N o v á s a p o s t o u p o l a continuidade do seu bloque da pasada tempada e sumou novas pezas como Nil Guiteras na portería , Xurxo Rivas e Denys Barros na primeira liña, Miguel Laguna como pivote e o canteirán Brais Martínez no extremo. César Armán, adestrador do equipo, destacou o traballo realizado durante a pretempada: “O equipo está traballando moi ben, estou moi contento con esta pretempada. Contamos cun plant el amplo que nos permite rotar máis e adestrar c o n ma i o r e fic a c i a a s diferentes situacións de xogo”. Anticípase un ambiente vibrante no pavillón. Este será o primeiro reto da tempada, e o Valinox Novás agarda contar, unha vez máis, coa afección rosalei ra para buscar a vitoria e comezar o camiño cara aos obxectivos marcados. O club atópase en plena campaña de captación de socios, e o sábado, antes do partido, entre as 17:00 e 19:30 horas, poderanse renovar carnés ou facer novas altas nas oficinas do club. Para quen desexe asistir ao partido, as entradas xa están dispoñibles en liña a través do enlace que podes consultar las Redes Sociais oficiais do club.