Un dos eventos máis esperados polos mais peques do club. Eles foron os protagonistas do evento. Son o presente e o futuro do Valinox Novás

O Domingo 27 de novembro de 2022 foi a data elixida para render homenaxe a todos os equipos da base do Valinox Novás. O evento levouse a cabo o domingo pola mañá no salón do Restaurante Juan, O Rosal. 

Ás once en punto arrincaba un dos eventos máis importantes do club con Jose Luís Rodríguez como presentador da cerimonia que empezaba dando as grazas ao restaurante Juan e aos diferentes patrocinadores polo esforzo que realizan e pola súa posta no club. A continuación Jose Luís convidou á reflexión dos asistentes poñendo o valor os datos alcanzados polo Novás esta tempada. O Valinox Novás logra por cuarto ano consecutivo crecer en número de licenzas federativas, ademais, esta tempada é o segundo equipo de toda Galicia con mais licenzas federativas en categoría Benxamín, o canteirán Alex Dourado xa é un fixo no equipo de Div. de Honra Prata e tres canteiráns máis lograron debutar co primeiro equipo. Como dato engadido o club volve conseguir meter a dous de tres categorías base en División de Honra Oro (categorías Xuvenil Masc. e Infantil Masc.), uns datos que mostran o bo facer tempada tras tempada.

Tras a presentación de cada un dos equipos tomo a palabra César Armán, o director deportivo do Valinox Novás, quen agradeceu a presenza ao acto a todas as familias do club e puxo en valor o esforzo e o compromiso de cada un dos xogadores e familias que conforman o club “Agradecer que esteades hoxe aquí, no que considero o evento máis importante do club. Poñemos en valor o esforzo que fan os xogadores cada día pero tamén o esforzo das familias que lle proporcionades todo o que lles fai falta para que poidan pertencer a este gran club”. César Armán tamén tivo palabras de eloxio a todos os adestradores do club, así como ó gran labor que realizan os delegados e en especial ó traballo de José Cobos. 

Acto seguido, foi a quenda das institucións, a Deputada Provincial, Raquel Giraldez confesaba que “é un pracer estar aquí convosco, somos coñecedores da traxectoria e do traballo do club e desde a Deputación de Pontevedra queremos felicitarvos polo voso traballo, estamos moi orgullosos do que estades a realizar”. Doutra banda, a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández tampouco se quixo perder o acto e subiu ao escenario para tomar a palabra “É un autentico orgullo poder estar aquí, ver a tantos nenos e nenas formando no deporte. O deporte é formar equipo pero por encima de todo é formar persoas. Para o Concello o Novás é un orgullo”

Para pechar as intervencións Andrés Senra, o presidente do club tomo a palabra onde destaco o gran esforzo que realizan as familias para facer posibles os soños dos seus fillos/as e, do mesmo xeito que César Armán, Andrés destaco o labor dos adestradores e delegados que día a día fan que a base sexa máis ampla e que cada día haxa mais nenos e nenas que se queiran unir a este proxecto, “non só por ser capaces de conseguir convencelos de que xoguen ao balonmán senón por conseguir que se involucren e de que compartan os valores que ten este club”

Unha vez concluídas todas as intervencións Jose Luís deu paso ao agradecemento especial que o club tenia preparado para todos os delegados que confeccionan os staff técnicos da base e en especial ao labor de José Cobos, unha vez finalizado este agradecemento, o acto pechouse cun dos momentos mais esperado por todos os presentes (abrigo para os máis pequenos), os sorteos dos agasallos que o Valinox Novás tenia preparados para eles, un total de 55 premios. 

Ademais como agradecemento á implicación de cada un dos xogadores que conforman o Novás o club agasalloulles cunha pulseira do club, unha invitación para trocar polo partido que prefiran de División de Honra Prata e cun chocolate con churros.

📸 Sport Coeco