O Valinox Novás inicia a tempada 25/26 cunha cita moi especial coa súa afecció. O sábado 6 de setembro, a Praza de Novás converterase nun auténtico pavillón ao aire libre, unha oportunidade única para volver ás raíces do club e estreitar os lazos coas familias, xogadores e afeccionados.
A xornada, que combina deporte, música e diversión, arrancará ás 18:00 horas coas actividades de xogos populares, pensadas para todos os públicos, desde os máis pequenos ata os máis maiores, para que cada membro da comunidade poida participar e gozar dunha tarde diferente e chea de ilusión.
O momento central será a presentación oficial dos equipos do Valinox Novás, programada ás 20:00 horas. Xogadores e xogadoras de todas as categorías saíran á rúa para reencontrarse coa súa afección, que terá a oportunidade de ver en primeira persoa ás caras e aos equipos que defenderán os colores vermellos ao longo da tempada 25/26. Este acto, ademais de converterse nunha festa de unión e orgullo, permitirá tamén que a afección comparta directamente o seu apoio e ánimo co equipo.
Para completar a xornada, ás 20:30 horas actuará en directo Los Sergios, garantindo música, ritmo e animación para todos os asistentes. Ao longo da tarde, haberá tamén pizzas, bocatas, fideuá, sorteos e outras sorpresas, grazas á colaboración de As Brasas e Shiruxa, facendo que a experiencia sexa completa, familiar e participativa.
Dende o Valinox Novás destacan que esta actividade forma parte dun compromiso do club por achegarse á comunidade, reforzar a afección e crear momentos de encontro ao tempo que se prepara a tempada con intensidade deportiva. O obxectivo é que toda a Praza de Novás latexen en vermello, converténdose nun escenario de festa, orgullo e pasión polo balonmán.
O club convida a todos os veciños, afeccionados e seguidores a sumarse a esta gran xornada de inicio de tempada, unha oportunidade para gozar do deporte, da música e da compañía da familia vermella nun marco único ao aire libre.
O Valinox Novás agarda que a tempada 25/26 comece coa Praza repleta de vermello, cargada de ilusión, enerxía e entusiasmo por unha nova temporada chea de retos e emocións.

