O club vive un momento histórico. Por primeira vez dende a súa creación, os tres equipos de competición base —xuvenil, cadete e infantil— acadarán a Liga Ouro, a máxima categoría do balonmán galego. Un logro sen precedentes que reflicte o crecemento, a constancia e o traballo de toda unha estrutura deportiva que leva anos apostando pola formación.

Este fito chega logo dun proceso iniciado hai máis de catro anos co proxecto deportivo impulsado por Cesár Armán, e que agora recolle os seus froitos, unha tempada despois da súa marcha.

Tres ascensos, tres proxectos consolidados

A categoría xuvenil contará con 27 equipos en competición, a cadete con 43 e a infantil con 54, situando aos nosos conxuntos entre os dez mellores equipos de Galicia en cada unha das categorías. O equipo xuvenil está dirixido por Iago Flores, acompañado por Nico López como adestrador asistente. O cadete está a cargo de Xurxo Rivas, e o infantil conta con Laura del Castillo á fronte e Yasir Martínez como segundo adestrador.

O club afronta o comezo da tempada con ilusión e compromiso, xa que esta mesma fin de semana os tres equipos iniciarán a súa participación na Liga Ouro, compartindo pista cos mellores clubs de Galicia.

Orgullo, traballo e futuro

O club amosa a súa alegría e orgullo por estes resultados, que son froito do esforzo colectivo e da profesionalidade que se busca manter en cada categoría. Dende o club aseguran que é un camiño moi longo, de moito traballo, pero tamén de moita ilusión que deben manter esta liña tempada tras tempada para seguir formando xogadores e xogadoras dende a base ata o primeiro equipo.

Campaña de portas abertas: o balonmán ao alcance de todos

Coincidindo con este gran momento, o club está a celebrar estes días unha campaña de portas abertas para que nenos e nenas da zona poidan coñecer o balonmán e formar parte da nosa familia deportiva.

📅 Do 29 de setembro ao 10 de outubro 📍 Pavillón municipal

PREBENXAMÍN MIXTO

Nados 2019, 2020 e 2021

🕓 Martes e xoves | 16:00 a 17:00h

BENXAMÍN MIXTO

Nados 2016, 2017 e 2018

🕓 Martes e xoves | 15:45 a 17:00h

ALEVÍN MIXTO
Nados 2014 e 2015

🕓 Luns e mércores | 16:00 a 17:30h 🕓 Venres | 15:45 a 17:00h

INFANTIL MASCULINO

Nados 2013 e 2012

🕓 Luns | 18:00 a 19:30h

🕓 Mércores | 18:30 a 20:00h

🕓 Venres | 17:00 a 18:15h

📞 Contacto: Iago Flores – 696 01 38 22 e Xabi González – 673 55 25 30

Un club, un camiño, unha mesma ilusión

O club afronta esta nova etapa coa mesma paixón de sempre, traballando para que o balonmán siga medrando na comarca e para que cada neno e nena que colla un balón, soñe coas mesmas cores que hoxe fan historia en Liga Ouro.