Este fin de semana, o Rosal volverá a sentir unas xornadas de balonmán coa celebración do play off de ascenso á Liga Ouro, unha cita clave na que o noso equipo xuvenil masculino, dirixido por Iago Flores e Nico López, intentará situarse entre os 10 mellores equipos de Galicia.

O play off, grupo D, desenvolverase ao longo de tres xornadas intensas, cun calendario cargado de emoción e partidos de alto nivel:

Venres 10 de setembro

18:00 h: Bueu Atl. BM vs BM Tui

20:00 h: Valinox Novás vs SAR

Sábado 11 de setembro

16:15 h: Bueu Atl. BM vs SAR

20:45 h: Valinox Novás vs BM Tui

Domingo 12 de setembro

10:00 h: SAR vs BM Tui

11:45 h: Valinox Novás vs Bueu Atl. BM

O club está a organizar unha xornada intensiva de balonmán no Rosal, na que non só se poderá desfrutar dos encontros do play off, senón tamén doutros partidos importantes:

Ás 11:00 h disputarase o partido de Infantil Masculino correspondente á fase de clasificación, no que os máis novos do club darán todo sobre a pista.

O equipo Territorial tamén terá o seu protagonismo coa disputa dun encontro de Copa Federación, mostrando a calidade e o compromiso dos xogadores a nivel autonómico.

E, como colofón, o primeiro equipo fará o seu gran estreo da temporada o sábado 13 ás 19:00 h fronte a Valinox Novás – SERMARTHER Cidade de Tacoronte, unha cita que promete emoción e balonmán de alto nivel.

Con esta programación, o club ofrece aos afeccionados un fin de semana completo de balonmán, combinando formación, competición e diversión para todos os públicos. Dende o Valinox Novás invitamos a toda a comunidade a acudir ao Rosal, apoiar aos nosos equipos e vivir unha experiencia deportiva única.