O Club Balonmán Valinox Novás continúa a perfilar o seu plantel para a vindeira campaña coa incorporación de Bruno Vázquez, lateral dereito procedente do Club Cisne Balonmán, que se converte así na primeira fichaxe confirmada para o novo curso deportivo.

Formado nas categorías inferiores do conxunto pontevedrés, Bruno foi medrando ata consolidarse como unha peza fundamental tanto en División de Honra Prata como en Liga ASOBAL. Con tan só 24 anos, conta cunha ampla experiencia competitiva, demostrando madurez, regularidade e capacidade goleadora. Na pasada tempada 2024/2025, sumou un total de 65 goles, converténdose nun dos referentes ofensivos do seu equipo.

Durante os últimos anos, foi parte activa nos éxitos deportivos do Cisne, sendo clave nos ascensos á máxima categoría do balonmán estatal e asumindo responsabilidades tanto en ataque como en defensa. A súa chegada ao Rosal responde á aposta do club por incorporar talento novo, con

traxectoria contrastada e marxe de proxección. Bruno Vázquez é o primeiro dos catro reforzos xa pechados pola dirección deportiva para a tempada 2025/2026, dentro dun proxecto que combina continuidade, ambición e renovación. Desde o club queremos darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos nesta nova etapa que inicia co noso escudo.