Preparámonos para a 2º volta da competición  

Novo ano e coa mirada posta no novo arranque ligueiro. Tras o espectacular rendemento da plantilla de División de Honra Prata, directiva e equipo prepáranse para lograr manter o nivel mostrado ata o de agora.

Se ao comezo da tempada o club presetamos a campaña de socios co lema “Non sen ti” agora presentamos a campaña de segunda volta cunha clara mensaxe para todos os Rosaleiros “A historia non se escribe sen ti”. 

Coñecedores de que a tempada vai por bo camiño e batendo o seu propios récord, o club non quere facer historia sen a súa peza fundamental, os seus socios, os amantes do balonmán, do club e do pobo. Porque son eles os que nos trouxeron ata aquí, ano tras ano, co seu apoio incondicional. Porque son sentimentos que non se compran, simplemente están en cada un dos Rosaleiros.

As oficinas do club estarán abertas para a campaña de socios “A historia non se escribe sen ti” o xoves 20 e 27 de xaniero en horario de 20:00h. A 21:00h. e os prezos son os seguintes;

De cuna 5€ (de 0 a 6 anos, non é obligatorio), Seareiro 15€ (de 7 a 15 anos),  Entusiasta 30€ (de 16 a 20 anos), Fiel 50€ (a partir dos 21 anos), Fan 80€ (inclue asento, bufanda e catering a un partido). Ademáis por 20€ máis en caquera categoria os socios poden reservar a seu asento.

Non desaproveites unha oportunidade única e escribe connosco a historia do club.