Este sábado, o Pavillón Municipal do Rosal acollerá un dos encontros esperados desta temporada: o Valinox Novás medirá forzas ante o histórico Lirón Teucro nun partido que promete intensidade, emoción e xogo de alto nivel ata o último segundo. Ás 19:00 horas, os dous equipos, separados por apenas unhas posicións na táboa, en concreto, 2 puntos. Os dous equipos disputarán un choque no que cada balón, cada defensa e cada lanzamento poderán marcar a diferenza entre manter a súa boa dinámica ou ver truncadas esas boas sensación.
O Valinox Novás chega ao partido cun pleno de vitorias que confirma o bo momento do equipo. Dende o contundente triunfo inicial fronte ao Sermarther Ciudad de Tacoronte (36-20) ata as victorias fóra de casa ante Gáldar Gran Canaria (22-30), Bueu Atlético Balonmán (26-35), BM Culleredo (39-27) e Calvo Xiria (31-37), os rosaleiros amosaron solidez e capacidade para manter un ritmo alto en todas as xornadas. O Lirón Teucro, porén, non se queda atrás. Tras catro vitorias e unha única derrota ante o BM Lanzarote Ciudad de Arrecife, o equipo galego, que tras o descenso soubo reinventarse, chega con ganas de manter o seu lugar entre os mellores e continuar demostrando porque é un dos clubs máis temidos da categoría.
No campo ofensivo, o choque promete espectáculo. Diego Prada, máximo goleador do Valinox Novás, chega con 34 goles en cinco encontros, mentres que Agustín Franco Labartete, referente do Teucro, suma 25 dianas, converténdose en dous dos xogadores máis vixilados do partido. Guillermo Artime, adestrador do Novás, apunta que será un partido esixente e destacable polo nivel de ambos equipos, pero tamén confía na dinámica positiva do seu conxunto e na capacidade de manter a intensidade ata o final. Xurxo Rivas, ex-xogador teucrista, insiste na importancia da concentración e da defensa posicional, lembrando que o factor casa e o apoio da afección poden ser determinantes para inclinar a balanza.
Guillermo Artime “Partido de dos equipos que que van a estar en la parte alta de la clasificación nosotros llegamos en buena dinámica. El equipo está trabajando y compitiendo bien. Queremos seguir manteniendo la misma línea de estas últimas semanas. Con respecto a Teucro no vamos a descubrir al rival, en la copa ya nos nos costó mucho ganarle ya que es un equipo bien entrenado, con buenos jugadores y buena portería. Es un equipo que nos va a poner las cosas muy difíciles y que presumiblemente va a estar peleando por la fase de ascenso igual que nosotros, un partido de los que gusta jugar. Esperamos, como siempre, una gran entrada en el pabellón, y que aquí, en nuestra casa, con los nuestros, podamos sacar los dos puntos”. Pola súa parte, Xurxo Rivas, ex-xogador Teucrista destaca que “É un partido dos bonitos de xogar, contra un rival directo, que vén traballando moi ben nestes últimos anos, sendo sempre un dos equipos a bater da primeira nacional. Creo que a clave pode estar en aumentar a intensidade en defensa posicional, que quizais foi a fase de xogo que máis nos custou nos últimos dous encontros. Temos que aproveitar que xogamos na casa, e facernos fortes co apoio da afección.”
Mais este duelo non só enfronta a dous equipos con números similares; tamén será un choque de estilos. O Valinox Novás aposta por un xogo rápido, intenso e de transicións, buscando cada recuperación como unha oportunidade para correr e finalizar con precisión. O Lirón Teucro, pola súa banda, mostrase cómodo no xogo posicional, construíndo as súas accións con paciencia e buscando cada ocasión con calculada exactitude. Para saír vitorioso, o Novás deberá saber sufrir, manter a concentración defensiva e atopar o equilibrio entre correr e controlar o xogo.
A estas alturas, o partido tamén terá un plus emocional para algúns xogadores. Xurxo Rivas, Diego Prada, Martín Dávila e Héctor Gil coñecen moi ben o Lirón Teucro, xa que foron parte do club en etapas anteriores, e este factor engade unha capa extra de intensidade ao derbi. Así, este sábado o Pavillón Municipal do Rosal non só acollerá un encontro de balonmán; será unha verdadeira batalla deportiva, un choque de estilos, talento e estratexia, onde cada xogada pode ser decisiva e cada xogador terá que dar o mellor de si para conquistar os dous puntos en xogo.