O Valinox Novás continúa coa súa preparación de pretempada e este xoves 28 de agosto disputará unha nova edición dun clásico do verán: o Trofeo Zona de Obra O Rosal ?. O encontro terá lugar no Pavillón Municipal O Rosal ás 20:30 horas e enfrontará ao conxunto vermello co Cisne Colegio Los Sauces, un dos equipos de referencia do balonmán galego e vello coñecido dos nosos xogadores e afección.

Este partido enmárcase dentro do calendario de adestramentos competitivos que o club está a desenvolver para chegar nas mellores condicións ao inicio da tempada. O duelo contra o Cisne preséntase como unha magnífica oportunidade para medir o nivel do equipo a estas alturas da preparación, ao tempo que se revive unha rivalidade histórica que sempre garante intensidade e espectáculo sobre a pista.

Ademais, o encontro terá un marcado carácter festivo, pois será unha ocasión perfecta para que a nosa afección volva desfrutar do seu equipo na casa. A entrada será de balde, polo que agardamos un pavillón cheo de cor vermella e o apoio de toda a familia do Valinox Novás.

Dende o club queremos agradecer de forma especial o respaldo de Zona de Obra O Rosal, patrocinador principal deste trofeo, así como a todas as persoas e entidades que colaboran para facer posible que o Valinox Novás siga medrando e consolidándose como un proxecto deportivo de futuro.
O Rosal volverá vivir unha gran noite de deporte, amizade e paixón polo balonmán.

Valinox Novás ? Cisne Colegio Los Sauces
? Xoves 28 de agosto
? 20:30 h
? Pavillón Municipal do Rosal
? Entrada de balde