Valinox Novás atópase ante un enfrontamento crucial este sábado 4 de maio ás 19:00 horas no Pavellón Municipal O Rosal, onde se medirá ao ID Energy Caserio de Ciudad Real nun partido determinante para ambos os equipos.

Pablo Castro, xogador do Valinox Novás, describe ao ID Energy Caserio de Ciudad Real como “un equipo moi completo e ben preparado, loitan por xogar á fase de ascenso. A clave do partido estará en neutralizar o seu ataque, xa que contan cunha primeira liña moi contundente, con lanzadores e fintadores, ademais dun pivote que está a demostrar ser un dos mellores da categoría. Á defensiva, contar cunha defensa 6:0 moi compacta, difícil de superar. Con todo, vimos dunha dinámica moi positiva tras a nosa vitoria ante Unión Financeira. Se demos o 110% nese partido, hoxe debemos dar o 150% para facernos cos puntos. Estou convencido de que, co apoio incansable da nosa afección, conseguirémolo”.

O ID Energy Caserio de Ciudad Real chegou onte ao Rosal, onde levaron a cabo unha sesión de estiramentos nas instalacións do pavillón. Sitúanse na cuarta posición da táboa con 37 puntos, a tan só un do segundo clasificado. Pola súa banda, Valinox Novás ocupa o undécimo posto con 23 puntos, a só un do décimo. Unha vitoria no Municipal aseguraría a permanencia directa na categoría para o Valinox Novás.

Os máximos goleadores do ID Energy Caserio de Ciudad Real son Ángel Pérez, con 168 goles en 28 partidos, e Andrés Torres, con 154 goles en 28 partidos. En canto ao Valinox Novás, os máximos goleadores son Oriol Teixidor Vilanova, con 95 goles en 25 partidos, e Pedro Iglesias Aymerich, con 83 goles en 22 partidos.

Conscientes da importancia deste partido, o club preparou a fin de semana ao detalle. Os xogadores concentraranse no Hotel O Muíño para levar a cabo unha última dinámica de equipo, mentres que os afeccionados poderán desfrutaran da previa, que comezará ás 17:00 horas nos arredores do pavillón, cunha carpa, música a cargo do DJ Romeu e cócteles de Único, quen presentará un cóctel especial para o encontro chamado “Valinox Novás”. A festa do balonmán continuará despois do partido con máis música. Convídase a todos os seguidores do balonmán para asistir e apoiar ao Valinox Novás nesta batalla que promete ser todo corazón. O club reduciu o prezo da entrada xeral a 8€ (menores de 17 anos) e cada socio pode retirar ata dúas entradas a 5€ cada unha.

MERCA A TÚA ENTRADA