{"id":2964,"date":"2023-04-28T10:11:55","date_gmt":"2023-04-28T10:11:55","guid":{"rendered":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/?p=2964"},"modified":"2023-04-28T10:26:27","modified_gmt":"2023-04-28T10:26:27","slug":"quen-dixo-que-seria-facil","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/quen-dixo-que-seria-facil\/","title":{"rendered":"QUEN DIXO QUE SER\u00cdA F\u00c1CIL?"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O Valinox Nov\u00e1s ao sprint para afrontar dous partidos en seis d\u00edas. O equipo de Samuel Trives percorrer\u00e1 nunha semana preto de 3.000 km e xogar\u00e1 dous partidos clave para manter as opci\u00f3ns ao ASCENSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O luns 1 de Maio o Valinox Nov\u00e1s afronta unha xornada crucial para seguir na pelexa polos postos de ascenso \u00e1 liga Plenitude ASOBAL no hist\u00f3rico Pavill\u00f3n Municipal Quixote Area para medirse ante o Hiros BM Caserio de Ciudad Real. Un partido aprazado debido \u00e1 concentraci\u00f3n do adestrador do equipo local, Santiago Urinales co equipo os Hispanos Promesas da Real Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de balonmano. \u00c1s 12h da ma\u00f1\u00e1 \u00e9 a hora indicada para que os \u00e1rbitros do encontro; Enrique Perez Gonzalez e Lu\u00eds Diaz-Flores Gomez-Calcerrada indiquen o inicio do partido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Valinox Nov\u00e1s prepara unha semana at\u00edpica xa que o s\u00e1bado \u00e1 noite o equipo desprazaranse a Ciudad Real para disputar o partido do Luns \u00e1s 12h e o venres 5 farano a M\u00e1laga para disputar a quinta xornada da Fase polo t\u00edtulo (Trops M\u00e1laga Vs Valinox Nov\u00e1s s\u00e1bado 6 de Maio \u00e1s 17h.) un total de 3.000km en apenas unha semana. O conxunto dirixido por Samuel Trives levar\u00e1 a cabo tres sesi\u00f3ns de adestramentos m\u00e1is antes do partido ante Hiros BM Caserio de Ciudad Real, venres e s\u00e1bado adestrar\u00e1n no Pavill\u00f3n Municipal O Rosal e o domingo, xa en terras Manchegas, realizar\u00e1n a \u00faltima sesi\u00f3n previa ao encontro. Iago Flores c\u00f3ntanos que o equipo se atopa motivado para conseguir os 4 puntos en xogo \u201cSon 2 partidos en 6 d\u00edas, o \u00fanico h\u00e1ndicap \u00e9 que son dous partidos f\u00f3ra de casa, coa s\u00faa respectiva viaxe, e iso lim\u00edtanos un pouco a preparaci\u00f3n de partido e nos &#8220;descoloca&#8221; a planificaci\u00f3n habitual de adestramentos pero imos coas ganas de conseguir os 4 puntos desta semana.\u201d<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Hiros BM Caserio de Ciudad Real chega ao encontro clasificado na 6\u00ba posici\u00f3n con 6 puntos, a un punto do 5\u00ba clasificado (Bar\u00e7a Atl\u00e8tic) mentres que o Valinox Nov\u00e1s est\u00e1 4\u00ba con 12 puntos empatado ao Trops M\u00e1laga clasificado na 3\u00ba posici\u00f3n. Tanto o Valinox Nov\u00e1s como Hiros BM Caserio de Ciudad Real contan cun partido menos. Os xogadores ofensivos destacados por parte do Hiros BM Caserio son; Jose Andres Torres Galan e Angel Perez De Inestrosa Palomares con 19 e 18 goles respectivamente nos tres partidos disputados desta segunda fase, e por parte do Valinox Nov\u00e1s m\u00e1ximos goleadores desta 2\u00ba fase de son Germ\u00e1n Hermida Nu\u00f1ez e Oriol Teixidor Vilanova con 10 goles cada un nos tres partidos de fase disputados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Iago Flores ve o partido fronte ao Hiros BM Caserio de Ciudad Real como \u201cun partido da chamados trampa, \u00e9 un equipo moi r\u00e1pido, que xoga ben \u00e1 contra e ten as ideas moi claras en ataque. Considero que \u00e9 o equipo revelaci\u00f3n este ano e ten moito m\u00e9rito o que est\u00e1n a conseguir, se est\u00e1 na fase polo t\u00edtulo \u00e9 por m\u00e9rito propio, e as\u00ed o est\u00e1n demostrando.\u201d Doutra banda Flores tam\u00e9n nos d\u00e1 unha pista por onde pode estar a diferenza que lles faga traerse os dous puntos O Rosal \u201cA clave creo que est\u00e1 na nosa defensa, se estamos duros atr\u00e1s e cortamos a s\u00faa conexi\u00f3n co pivote teremos moitas m\u00e1is opci\u00f3ns. En ataque debemos estar acertados e minimizar as perdas de bal\u00f3n para non darlles opci\u00f3n de xogar a s\u00faa contrataque, que \u00e9 un dos seus puntos fortes.\u201d<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O club organizou o desprazamento para os socios que desexen viaxar co equipo a Ciudad Real. As prazas son limitadas e todo aquel que queira ir pode reservar a s\u00faa praza chamando ao 660928686 ou a trav\u00e9s dun e-mail a info@atleticonovas.com.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Valinox Nov\u00e1s ao sprint para afrontar dous partidos en seis d\u00edas. O equipo de Samuel Trives percorrer\u00e1 nunha semana preto de 3.000 km e xogar\u00e1 dous partidos clave para manter as opci\u00f3ns ao ASCENSO O luns 1 de Maio o Valinox Nov\u00e1s afronta unha xornada crucial para seguir na pelexa polos postos de ascenso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":2965,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[],"class_list":["post-2964","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-dhpratamasc"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2964","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2964"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2964\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2965"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2964"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2964"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/atleticonovas.com\/wordpress\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2964"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}