Valinox Novás refórzase coa incorporación de Oriol Castellarnau como membro do staff técnico do primeiro equipo
Oriol Castellarnau é un apaixonado do balonmán e recoñecido adestrador, quen se une ao equipo técnico do club. Castellarnau achegará a súa ampla experiencia e coñecementos no rol de adestrador, fortalecendo aínda máis ao equipo na próxima tempada.
Desde temperá idade, Oriol Castellarnau demostrou unha gran paixón polo balonmán. Comezando a súa formación como adestrador base en Balonmán A Roca en Barcelona, percorreu un impresionante camiño ata chegar ao staff técnico do primeiro equipo, que competiu en 1º Nacional. Na súa función como Analista de Vídeo e Responsable do Traballo de Técnica Individual e Estratexia, Castellarnau deixou unha marca significativa, demostrando a súa habilidade para analizar e optimizar o rendemento do equipo.
No ano 2019, Castellarnau uniuse ao Club Handbol Sant Esteve de Palautordera, onde continuou o seu ascenso no ámbito do balonmán. Desempeñando o rol de adestrador do primeiro equipo de 1º Nacional, Oriol non só mostrou habilidades tácticas, senón que tamén asumiu a responsabilidade de Director Deportivo, involucrándose no desenvolvemento e a planificación estratéxica do club.
Ademais dos seus logros no ámbito do balonmán de clubs, Oriol Castellarnau deixou a súa pegada no panorama deportivo a nivel nacional. No ano 2020, formou parte do staff técnico do Infantil Masculino do Fútbol Club Barcelona, logrando o título de Campións de Catalunya e Campións de España. A súa experiencia e coñecementos tamén foron recoñecidos en 2022 cando formou parte do equipo técnico da Selección Catalana.
A chegada de Oriol Castellarnau ao Valinox Novás representa un gran impulso para o club. O seu compromiso co desenvolvemento de xogadores e a súa visión estratéxica serán elementos crave para alcanzar os obxectivos deportivos e consolidar ao club como un referente no balonmán.
Esta semana Oriol estuvo no Rosal para traballar de xunto con César Armán e puidemos coñecerlle un pouco máis. Oriol confésanos que “Lo primero que pensé cuando recibí la llamada fue un sentimiento de satisfacción por tener la oportunidad de seguir aprendiendo y disfrutando de este deporte. Siempre es emocionante recibir una oferta para formar parte de un nuevo proyecto y poder contribuir con mi experiencia y conocimientos.” Ademais tamén lle preguntamos que era o que mais gustáballe do proxecto do Valinox Novás, que nos respondeu con certa admiración “Lo que mas me gusta es el hecho de ser un proyecto profesional con gente de la casa mayoritariamente. Aunque venga de fuera, considero que esta identidad y arraigo local son factores diferenciales que nos harán fuertes durante la temporada. Todos compartimos la misma dirección y eso nos ayudará a alcanzar nuestros objetivos”
Oriol estivo poucos días no Rosal pero pero deulle tempo a degustar a exquisita comida no Restaurante Trasmallo e no Restaurante Casa Chupa-Ovos onde nos contou que “Durante mi estancia en el Rosal, pude pasear y disfrutar del hermoso paisaje que nos rodea. Sin embargo, mi verdadera emoción surgió cuando entré al pabellón junto a César y Andrés. Fue en ese momento donde realmente sentí las ganas de empezar a trabajar lo antes posible”
Dende o Valinox Novás nos enorgullece darlle unha cálida benvida a Oriol Castellarnau e desexarche moitos éxitos no novo desafío co equipo. Estamos seguros de que a súa incorporación fortalecerá aínda máis nosa estrutura e achegaranos máis aos nosos ambiciosos obxectivos.