Na tarde de onte o Valinox Novás foi recibido no Concello por Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal, e Germán Fernández, concelleiro de deportes, para trasladar desde o Concello Do Rosal todo o apoio e forza posible para o inicio da segunda fase da liga.

O acto levouse a cabo onte ás 19:15h. na Praza do Calvario onde Ánxela Fernández quixo poñer en valor o traballo do equipo durante a tempada “Estamos a soñar desde hai tempo, é un privilexio para O Rosal o que estades a conseguir”

Tras o acto de agradecemento o equipo subiu ao balcón do Concello para sacar unha foto de familia xunto co banner publicitario da campaña “Xogemos a gañar”.

Hoxe sábado 25 de marzo chega primer partido da segunda fase da liga de Div. Honor Prata, na loita polo Ascenso, ao Pavillón Municipal O Rosal. As 19h. é a hora sinalada para que os colexiados do encontro Roland Sánchez Bordetas e Josep Millan Cazorla den el pistoletazo de inicio.
A pocas horas do enconro no pobo respíranse moitas ganas e ilusión. Dende o clube levamos unha campaña para que todos os aficionados do balonmano desfruten con nós deste momento. Somos conscientes de que é unha carreira de fondo pero o partido de hoxe é a primeira final.

Tal e como comentó o capitán, Manu, na entrevista ao Faro de Vigo; “Málaga é un dos mellores
equipos da categoría, moi completo, con boa portería, boa defensa e alternativas de xogo en
ataque, con lanzadores e fintadores. Son duros, moi competitivos. Nós temos que continuar na Tiña da primeira fase, facéndonos fortes na nosa casa cunha defensa sólida e estando acertados en ataque, gozando o momento e partido a partido”. Os xogadores ofensivos destacados por parte doTROPS MÁLAGA son: JESUS MELGAR JIMENEZ con 72 goles e PABLO SOLER LUCENA 50 goles.

O PLANING que ten preparado o VALINOX NOVÁS para hoxe é o seguinte;

12h. Resultados dos ganadores dos sorteos promovidos nas redes sociais oficiais do clube

16:15h. Partidos dos benxamíns

17h. A Previa, dando inicio ás 17:15h. o concerto en directo de PICKAN TONES

Entre ás 17h é ás 19h. haberá moitas sorpresas para os aficionados

Ás 19h Primeira Final Polo Ascenso. Valinox Novás Vs Trops Málaga