Dende 1974
O Atlético Novás é fundado en 1973, pero non foi ata a tempada 1974/1975 cuando se federou o club.
A fundación da entidade ten unha anécdota digna de contar, é que en aqueles anos, a parroquia de Novás, e as dos arredores puxéronse de acordo para realizar unha plaza en dónde celebrar a festa de Carnaval, xa que nas anteriores quedábanse obsoletas vendo a fama que estaba acadando dito festexo. Foi así, como, coa axuda de todos os veciños, levouse a cabo a obra, e a partires de aí albergaríase unha vez ao ano a tradicional romaría.
Co paso do tempo e vendo que se había pasado un gran traballo e que non se lle estaba sacando suficiente proveito, pensouse en aproveitalo instaurando algunha modalidade deportiva. Como o fútbol xa estaba introducido e o baloncesto no se considerable viable, optouse por un deporte prácticamente descoñecido naqueles anos en O Rosal. O balonmán.
O primeiro ano, o club non estaba federado, co cal tan soamente se xogaron algúns amigables que serviron para ir collendo experiencia, xa que na seguiente tempada oficializouse a situación, comenzando en terceira provincial, con Xosé Álvarez “Buraco” facendo funcións de adestrador e de presidente. Ese ano non puido ser mellor, xa que se culminou co ascenso, o trofeo a Deportividade otorgado polaa Federación Galega e o título de máximo goleador para Xosé Luis Paes.
Despois de un ano de transición con un adestrador “profesional”, no que se acada a permanencia, regresa “Buraco” e o máis salientable é o galardón de máximo goleador que se leva Manolo Armán.
E na 77/78 cando se logra o ascenso a primeira provincial, na promoción frente ao Cortemans de Vigo, con Hipólito Veiga no banquillo. Despois de un primeiro ano no que a salvación se logrou con moitas dificultades, viñeron uns anos de estabilidade, sin intervir en ningunha promoción nin de ascenso ni descenso.
Ata a campaña 85/86, da man do adestrador Xosé Carlos Alonso López fórxase un equipo con todas as miradas postas no ascenso. Ademáis o alcalde daba a boa noticia: Empezarían as obras do pavillón, cerca da pista actual. De todos modos, non é ata a tempada seguiente cando o equipo colle definitivamente o rumbo, sitúase na primeira posición dende as primeiras xornadas, coas vistas postas na fase, e o que máis lle preocupaba en aquel momento era que se rematase o pavillón, xa que a idea era albergar o sector. O equipo cumpliu os pronósticos, clasificouse para o sector e a fase foi otorgada a O Rosal.
As cousas non poideron sair mellor e a fase rematouse co ansiado ascenso a segunda nacional. Sin retoques no plantel sálvase a categoría, ainda con algún apuro e con tres adestradores.
Para evitar eses problemas realízanse varias fichaxes de xente contrastada da zona de Pontevedra, como Lora ou Surís, e con eles acádase un segundo posto que da o billete a fase de ascenso, que se xogaría en San Sebastían.
Durante varias tempadas, con Lora como entrenador, acádase o obxectivo de salvarse pero non se repiten tempadas grandiosas como esa. A destacar está a creación do equipo filial, en segunda provincial, ainda que rápidamente ascendeu de categoría.
No ano 1992, decide retirarse un dos xugadores máis emblemáticos, Manolo Armán, e faio con un partido homenaxe ante o Chapela. Retírase pero rápidamente se enrola na parte técnica do Atlético Novás.
De feito, foi segundo adestrador do equipo que dirixía Quintas e que se clasificou para o sector de ascenso disputado en Ciudad Real a tempada 1994-1995. Ese equipo non logou o ascenso, pero si o fixeron varios xogadores que compoñían esa plantilla, de esta vez con Armán de primeiro adestrador. Na campaña 1997-1998, O Rosal volvía a celebrar unha fase de ascenso e volvía a repetirse resultado. Ese equipo estaba composto por: Beni, Fran, Marcote, Rivera, Óscar, Rodri, Juan Ben, Juan Costas, Fonso, Mingos, Jimmy, Roge, Tonio, Mingui e Jose. Iníciase aí unha nova etapa, con máis éxitos. Tras varios anos manténdonos en Primeira Nacional, con adestradores como Lora ou Juandi, volve a coller as rendas da plantilla Manolo Armán.
Plantilla 1995-1996
Plantilla 1998-1999
Plantilla 1999-2000
Na tempada 2001-2002, durante a tempada regular termínase segundo e viáxase a Antequera para xogar a fase de ascenso, terminando cuartos.
Coa incorporación de Lvov como fichaxe estrela, a tempada seguinte termínase primeiro do campionato doméstico, e viáxase en dúas ocasións a Huesca para xogar a fase de ascenso, quedando subcampións de España e acadando a la proeza de ascender a División de Honor B. Foi unha gran xesta, que un pobo de seis mil habitantes, conseguise competir con grandes cidades como Madrid, Barcelona, equipos que dispoñían de grandes presupostos. O equipo non consigue salvar a categoría, pero despídese coa cabeza alta, a tan só un punto da salvación.
Nos anos seguientes o club tivo varias oportunidades de ascender, pero sempre se quedou coa mel enos beizos. Xogáronse fases de ascenso en Almoradí, Santander, Torrelavega, Badajoz por dúas ocasións e en O Rosal, durante a última decada.
En Maio de 2018 voltamos. celebrar a fase de ascenso no Rosal e esta vez si que lo Atlético Novás logos p ascenso a División de Honor Plata.